Verbo das licenzas

O que fan as nosas licenzas

As licenzas de dereitos de autor Creative Commons e as ferramentas supoñen maior equilibrio fronte á opción tradicional de «todos os dereitos reservados» que estabelecen as leis de autoría. As nosas ferramentas danlle a cada un desde os creadores individuais ata as grandes empresas e institucións unha maneira simple e estandarizada de garantir os permisos sobre os dereitos de autor sobre o seu traballo creativo. A combinación das nosas ferramentas e dos nosos usuarios é un vasto e crecente procomún dixital, un conxunto de contido que pode ser copiado, distribuído, editado, recreado e rexerado, todo dentro dos límites da lei de dereitos de autor.

Deseño e fundamentación da licenza

Todas as licenzas Creative Commons teñen moi importantes características en común. Cada licenza axuda os creadores — podemos chamarlles licenciadores se usan as nosas ferramentas — reteñen o dereito de autor mentres permiten a outros copiar, distribuír e facer algúns usos do seu traballo — cando menos sen ánimo comercial. Todas as licenzas Creative Commons aseguran que os licenciadores obteñen recoñecemento polo traballo que o merece. Todas as licenzas Creative Commons funcionan en todo o mundo e permanecen en tanto que sexan aplicábeis as leis dos dereitos de autor (porque se construíron sobre os dereitos de autor). Estas características comúns serven como a base, sobre a cal os licenciadores poden escoller para permitir permisos adicionais cando decidan como queren que se utilice o seu traballo.

Un licenciador con Creative Commons responde a unhas poucas preguntas simples para escoller a licenza — primeiro, quero permitir o uso comercial ou non e logo, quero permitir as obras derivadas ou non? Se un licenciador decide permitir as obras derivadas tamén pode decidir que require que alguén que utilice a obra — a quen podemos chamar licenciado — tamén debe conceder que as novas obras derivadas estean dispoñíbeis nos mesmos termos de licenza. Podemos chamar a esta idea «Compartir igual» que resulta ser un dos mecanismos que (no caso de escollerse) axuda o dixital procomún a medrar co paso do tempo. Compartir igual está inspirado na Licenza pública xeral GNU, utilizada por moitos proxectos de software libre e aberto.

As nosas licenzas non afectan os dereitos que as leis protexen para os usuarios das obras creativas, protexidas polos dereitos de autor, tales como excepcións e limitacións á lei de dereitos de autor como unha transacción xusta. As licenzas Creative Commons requiren de os licenciados obteren permiso para facer o que non estea expresamente permitido. Os licenciados deben ofrecer o recoñecemento do licenciador, manter a información sobre a propiedade intelectual intacta en todas as copias da obra e facer ligazóns á licenza desde as copias da obra. Os licenciados non poden utilizar medidas tecnolóxicas para restrinxir o acceso á obra de outros.

Proba o noso sinxelo Selector de licenzas.

Tres «capas» de licenzas

Lexíbel por máquinas

Lexíbel por humanos

Mais como a maioría dos creadores, educadores e científicos non son xuristas, tamén facemos as licenzas dispoñíbeis nun formato que a xente normal pode ler — a Escritura común (tamén coñecida como a versión «lexíbel por humanos» e unha referencia manexábel por licenciadores e licenciados, resumindo e expresando algúns dos máis importantes termos e condicións. Pense na Escritura común como unha interface amigábel de acceso ao código legal simplificada, aínda que a Escritura común non é en si mesmo unha licenza, e o seu contido non é parte do código legal en si mesmo.

A capa final do deseño da licenza recoñece que o software, desde os motores de busca á ofimática ou a edición de música, ten un rol enorme na creación, copia, investigación e distribución de obras. Para facer doado na Web saber cando un traballo está dispoñíbel cunha licenza Creative Commons, fornecemos unha versión «lexíbel por máquina» da licenza — un resumo das liberdades e obrigas clave escrito nun formato que os sistemas de software, motores de busca e outras clases de tecnoloxía poden comprender. Desenvolvemos un medio para describir licenzas que o software pode comprender chamado Linguaxe de expresión de dereitos CC (CC REL, polas súas siglas en inglés) para conseguilo.

A busca de contido aberto é unha importante función estabelecida pola nosa estratexia. Pode utilizar Google buscando de contidos Creative Commons, descubrir imaxes en Flickr, álbums en Jamendo, e multimedia en xeral en spinxpress. O repositorio multimedia Wikimedia Commons, de Wikipedia, tamén é un usuario fundamental das nosas licenzas.

Tomadas en conxunto, estas tres capas da licenza aseguran que o espectro de dereitos non é só un concepto legal. É algo que o creador de obras pode entender, que os seus usuarios poden entender e que mesmo a Web pode entender.

As licenzas

Atribución
CC BY

Esta licenza permítelles a outros distribuír, fusionar, axustar e recrear sobre a súa obra, mesmo comercialmente, mentres que proporcionen o recoñecemento da creación orixinal. Son as licenzas máis comodamente flexíbeis. Recoméndanse para materiais de máxima difusión e uso.

Ver o documento de licenza | Ver o código legal

Atribución-Compartir igual
CC BY-SA

Esta licenza permite a outros fusionar, axustar e recrear sobre a súa obra mesmo con fins comerciais, mentres lle ofrezan o seu recoñecemento e as súas novas obras teñan os mesmos termos. Esta licenza adoita compararse ás licenzas de software libre «copyleft» e de código aberto.

Ver o documento de licenza | Ver o código legal

Recoñecemento-Sen obra derivada
CC BY-ND

Esta licenza permite a redistribución, comercial e non comercial, mentres se faga sen modificar e respectando a integridade, xunto co recoñecemento para vostede.

Ver o documento de licenza | Ver o código legal

Recoñecemento-Non comercial
CC BY-NC

Esta licenza permítelles a outros fusionar, e recrear sobre a súa obra non comercialmente, e malia que as novas obras deben tamén recoñecer e ser non comerciais, non teñen que licenciar as obras derivadas nos mesmos termos.

Ver o documento de licenza | Ver o código legal

Atribución-Non comercial-Compartir igual
CC BY-NC-SA

Esta licenza permítelles a outros fusionar, axustar e recrear sobre a súa obra non comercialmente, mentres que lle ofrecen o seu recoñecemento e licencian as súas novas obras en idénticos termos.

Ver o documento de licenza | Ver o código legal

Atribución-Non comercial-Sen obra derivada
CC BY-NC-ND

Esta licenza é a máis restritiva entre as nosas seis principais licenzas, soamente permite a outros descargar as súas obra e compartilas con outro mentres lle ofreza o seu recoñecemento mais non pode cambialas de ningunha maneira nin utilizalas comercialmente.

Ver o documento de licenza | Ver o código legal

Tamén fornecemos instrumentos que traballan no ámbito de «todos os dereitos reservados» do dominio público. O noso instrumento CC0 permítelles aos licenciadores renunciar a todos os dereitos e deixar unha obra no dominio público e a nosa marca de dominio público permítelle a calquera usuario de web «marcar» unha obra como de dominio público.