Public Domain Mark
Utilizando a marca de dominio público (PDM) pode marcar unha obra que está libre de restricións de dereitos coñecidas e comunicar claramente ese status. Ao aplicala correctamente, o PDM permite que a obra sexa facilmente descuberta e fornece información de valor sobre a obra.
O PDM interesa para utilizalo con vellas obras que están libres de restricións de dereitos polo mundo adiante, ou obras que intencionadamente están no dominio público antes da expiración dos dereitos por parte do propietario destes. Non se debería utilizar para marcar obras que están no dominio público nalgunhas xurisdicións mentres que teñen restricións de dereitos noutras. Actualmente, Creative Commons non recomenda a marca de dominio público en obras con dereitos de autor con status que difira entre xurisdicións, aínda que estea desenvolvendo medios para marcar e etiquetar tales obras. Debería consultar co seu asesor legal se non está seguro de cando utilizar a PDM para unha obra concreta.
Saiba que isto non é un proceso de rexistro e Creative Commons non almacena nin grava nada da información que vostede forneza. Esta ferramenta guíao a través do proceso de xeración de HTML con metadatos incorporados para marcar a obra que teña identificada como libre ou con restricións coñecidas en dereitos de autor. A obra non estará asociada cunha marca de dominio público ata que a publique marcada como tal.
Castellano Castellano (España) Català Dansk Deutsch English Esperanto français Galego hrvatski Indonesia Italiano Latviski Lietuvių Magyar Melayu Nederlands Norsk polski Português Português (BR) Português (Portugal) română Suomeksi svenska Türkçe íslenska česky Ελληνικά Беларуская русский українська العربية پارسی 中文 日本語 華語 (台灣) 한국어